Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

25.11.09

Fatueiro



















Contra. Preposición. Contra a contra, prebe.
Escépticos autóctonos, únicas fotocopias.
Alucinados vermes sen miolo nin codela aprenden lumes sen pitolas
Cal seo de Venus, disputas as horas, fanáticas e lúbricas
Os ruidos, o pouso, o sabor intenso, a porta que racha, os alpendres.
Quen anda no fatueiro? Non me da o sono.

4.2.09

Dareiche das boas



“Hoy me cago en todo,
Pero me cago en todo con amor”

Andrés Calamaro



hoxe cuspo e non é sangue
negra sombra afástate pretérita
saúdote vida enxérgote mórbida
arredo de min o cáliz de músculo artrítico

osamenta
sabor a menta
non laves os dentes de bicileta críptica

anano xigante xigante anano e cabezudos
arrolo de risa escacho co medo
hostia pueblo e o can e o ghato

impúber tolemia exterior con vistas sabor chocolate

xa vin esta película

Non
Creo
En
deus

infames ateos pasean amargos mascotas risibles de sal e cenoura
lustros infernos celebran engorde capítulos certos con naipes e frouma
crepúsculos ambiguos atenden por nomes incertos
cando acendo o ventre xordo que me prestan os imbéciles

30.1.09

A miña tribu


Un gurú local cometou algunha vez, no desencontro das ausencias que non cesan, a necesidade de atoparmos unha tribu; esa que nos fai sentir parte dun todo mais á vez únicos e orixinais, que diría Granpurismo. Síntome na niña con cada acorde no que me acompañades, con cada conversa desas aparentemente nimias das que sempre aprendemos algo, coa vosa exquisita sabiduría tanto para a física nuclear como para a tortilla no punto, pasando polas curvas perfectas (de todo tipo, claro), a mellor luz para a foto óptima, a fuxida dos clichés de todo tipo, a mitoloxía nórdico-celta, o gusto por compartir o delicado, os paseos por lameiras en busca de Frodo e o seu anel, a política nacional e mundial, a controversia reintegracionista e por suposto coa habilidade case malabar para facer da noite máis insignificante a festa máis auténtica e rachada; sen presas e con pausas, sen locais con zapatillas, sen pinchas alienados, sen moita orde mais con concerto, sempre concerto, á hora ou á deshora, para todos os que saben escoitar, bailar, beber e fumar. E ao día seguinte, logo da beberaxe repoñedora, cal apócema máxica de Asterix, recoller e departir, departir, departir…

21.5.08

Fala-la fala nai

Insisto, un home tan listo que mete medo.


Artigo de X.L. Barreiros em La Voz de Galicia ontem, Dia das Letras Galegas.


Cada vez hai máis galegos que, afirmando formalmente a súa identidade e o seu amor pola terra, cargan sen embargo contra a obrigación de estudar o galego, ou contra a cultura institucional que favorece o uso e a crecente normalización da lingua propia. A eses galegos chamoulles Celso Emilio Ferreiro os «patufos desleigados, / pequenos mequetrefes sen raíces / que ó pór a garabata xa non saben / fala-la fala nai, / a fala dos avós que temos mortos?».

Por experiencia sabemos que, pese aos esforzos feitos no período autonómico, e fronte ao éxito inicial das políticas de normalización, o galego, igual que sucede coas outras linguas minoritarias do Estado, resiste moi mal a competencia co castelán, e que se non se asume a discriminación positiva a favor da lingua, que implica obrigacións para todos nós, corremos serio perigo de perder a peza esencial da nosa identidade.

Por iso é urxente que saibamos distinguir entre a liberdade lingüística que temos e podemos exercer a nivel individual, e aqueloutras obrigas que temos que asumir, como pobo, baixo a tutela das institucións.

Neste senso cabe afirmar que a liberdade lingüística dos cidadáns é perfectamente compatible coa obriga curricular de estudar galego e demostrar a nosa competencia intelectual e profesional nesta lingua. Ninguén nos pode impoñer a obriga de saber matemáticas ou ortografía para ser español e exercer todos os nosos dereitos. Pero si nos poden obrigar a estudar esas materias no noso período escolar, condicionando con iso as posibilidades de obter os títulos correspondentes, acceder á función pública ou exercer as profesións que requiren unha previa habilitación académica.

O galego é a nosa lingua. E só negando esa realidade, e apuntándose expresamente á condición de «patufos desleigados», se pode esixir un trato para a nosa lingua que non a equipare en dereitos e deberes ao idioma oficial do Estado. Porque a liberdade lingüística non inclúe a incompetencia curricular para escribir e falar o galego, senón a libre opción que adoptamos despois -cando xa somos competentes- na nosa vida social, profesional e familiar.

¿Que diriamos dun dinamarqués ou dun grego que, pretextando o decrecente valor do seu idioma, reclamase o dereito a instalarse na eutanasia lingüística? ¿Que dirían de nós as xeracións futuras se, no intre no que dispoñemos de máis posibilidades de uso e aprendizaxe da lingua, a deixaramos? O debate sobre este punto raia, para min, no puro delirio. Porque eu prefiro instalarme na vontade de ser que o propio Celso Emilio cantou mellor que ninguén: «Eu fáloa porque si, porque me gusta, / porque me peta e quero e dáme a gana / porque me sae de dentro, alá do fondo».

12.5.08

De concerto

Pois non era sen horas. Tocarei por primeira vez nese mítico antro que é o Tarasca.
A cita é este xoves ás 23:00 na festa da lingua de GZ Nova Compostela. Nesta ocasión en solitario e tamén cantarán Xosé Constenla e o Leo i Arremecághona.

A foto é do último concerto na Auriense, non é gran cousa, pero...

Bicos

Etiquetas: ,

14.4.08

Que viva a República!
















Case se me pasa. Despiste de luns. Rutina alienadora... chamádelle como queirades.
Quedan para a reflexión, Curros, xa que estamos no seu centenario. Curiosa a homenaxe do Ateneo Republicano coruñés a toda páxina en El Mundo de hoxe ?¿?¿? e Ernesto Atanasio (O Corcheiro), un dos carballiñeses que se subiron ao balcón do concello tal día coma hoxe naquel ano, para borrar os símbolos do Antigo Réxime e erixir os dos novos tempos. Logo viría a guerra, a represión, o fascismo e a traición aliada, pero iso é outra historia e hoxe estamos de celebración.

Coidadiño Juancar, que á terceira, vai a vencida!

Saúde e República. Sempre!

26.2.08

RE-sentido (que facemos co amor?)

todo está no ar
non se sostén, non
máis volta cando xa non estaba
e chamadas e silencios
locomotoras ardo
comulgo, ensináchesme ti e ti e ti
reconstrúete morbo
afástate teléfono afónico ímpetu antepretérito
infame cruz sacra borralla expúlsote
arrédate invádeme NON

monicrece sen alicerces que se manifesta impúdico
choni bárbaro catódica infamia
calma chicha tormenta tropical
teño que poñer a lavadora SI

can famento que ladras no páncreas
morde o rabo que coidas amenaza
descúbrete como abres as pernas
cando ofreces espazos in-finitos
cuspe na man méteos na boca
amósate esdrúxula
parece que quere chover

13.2.08

Aquí sentado (Volta ao comezo)



















"Siempre quise ir a L.A
Dejar un día esta ciudad,
cruzar el mar en tu compañía..."

Busquen, investiguen e comparen.
http://www.fotolog.com/martinhopinal/50109534
Atención, pregunta: Debería voltar aquela mítica banda de rock carballiñesa The Generados?


14.1.08

Culturetas e hiperbólicos

Imaxienite comigo nos bares que habito cando me vence a tristeza
e a túa cara iluminada co azul catódico do móbil
e hai chamadas e silencios en harmonía de contrarios
e medo aos espazos baleiros
non hai futuro-pasado
y hacía una estupenda mañana
y no me he acordado de ti hasta pasado un buen rato

o filósofo de cabeceira segue a ser don Andrés Calamaro:
no se puede vivir del amor
me dijo la chica que me dijo que no
electrifícome e fico contento
coma Bob, contra o mundo
siempre seguí la misma dirección, la difícil, la que usa el salmón
e volto, si, porque son punki, sen cresta e de corazón
é só unha cuestión de actitude
lástima de bois

revísome e atópome, nas caras, nas xentes, nas fotos, nas melodías que me veñen visitar
fágome/fánme o mellor agasallo de reis, agardo, con ansia adolescente
comparto néctares proibidos e melodías infantís, e adolescentes
Ayatolah, no me toques la pirola
reivindico o eclecticismo
perspectiva
bo nome para un grupo punk
está por fundar

os regalos sodes vós e os que me facedes
tío con sorte, consorte
recalifico o meu setenta por cen e sóbranme números
cando fóramos a Lourdes xa estivéramos en Fátima
coma os Blues Brothers estamos convencidos de que cumprimos unha misión divina
encomendada por Sabino Méndez, uno y trino
Proletarios do mundo, dubidade!

a pena non paga a pena, non paga a pena

26.11.07

“Yo soy un hombre bueno, lo que pasa es que me estoy viniendo viejo”

Grupo, ensaios, durmir pouco, durmir mal, non querer durmir, Popkomm e Womex.
Cambios, soños, pesadelos, subconsciente. Que hora é?, fíxose tarde.

De repente, voltar a voltar comezar.

Baixo o ritmo, pedaleo, cesta! Sancho, Quijote; Quijote, Sancho.

Casa da Pisca, pausa.

“La última vez que nos vimos éramos primos, la próxima vez tal vez seamos extraños.” Otelo revisitado, bágoas “on the phone”, “London Calling”. Non hai lume, non hai nada...

Cal e area, e cal, e cal, e area.

E volto, sempre hai que voltar... ou non. Priorizo optimismos.

Proxectos é unha empresa. A sombra do Bilderberg é alongada. Manifesto resentido: non nos gusta Sito Pons.

Fotocopia compulsada con foto dixital dun verán eterno... Galicia tropical... que fracaso idem!

Aporto materiais de construción para iglú en xardín polar. Derrétese.

De súpeto, un extraño. Desconecto e sigo, conexión crecha. Claro, “o baleiro non existe nin nos produtos envasados”.

O canto queda liberado según (re)solución adminsitrativa. Non cabe recurso, por iso repito.

Un boneco de messenger rise de min mentres xira, coma a roda do muíño... de auga.

En inglés, to be pode ser ser ou estar e eu non estou, por iso poño subtítulos.

En novembro quixera vivir na fila 7 do Teatro Principal.

Aposto lixeiro e gardo un as... no peto, que hai moita manga/banda ancha.

12.6.07

"Unha milagre de blues"

Fáltanme a metade dos "maquinillos" e esa densidade no rizo, polo demais, algo se coce...

"Ocurrió un milagro acá en mi casa..."

pd. Por certo, xa tiña gañas de ver a Xoel en directo e aproveitei os fastos en Suavesland. Non agardaba menos, pero non me defraudou nadiña. Véxoo nun punto álxido, moi arriba a moitos niveis. Que dure!

pd2. Só me da pena que non tocara máis temas do disco anterior; no novo, inda non profundicei, mais sei que me gustará. A iso vou.

pd3. Algúen se parou un pouco coas letras deste tipo? Para que logo digan que os tristes e deprimetes son os cantautores... de las narices...

1.6.07

O espectáculo debe continuar

Vai vento, a choiva demórase sabedora de que a tormenta vai chegar tralo sol primaveral. Hai viaxes e fogares descubertos, hai rochas nas que volver ancorar. Recoñécense outras peles e outras voces que se senten como propias. O falar é común, propio, desacougante, antigo, amigo... Reméxese o horizonte co xantar, as mans coa tele, os libros co pan. Comunicación sen presenza, respiración entrecortada, lenta, suave, profunda, inqueda... ronco... teño que pór a lavadora. A vida non é coma nas series. As xentes, algunhas. Onde estás? Cal é a pregunta? Non hai resposta. Nin sequera hai pregunta. Haina? Alguén se agocha, non se deixa ver. Fala, conta, canta, comunícate, berra, hostia! Demora ou desleixo?, preguiza ou fado? E hai corpos que feren, claro, e hai mentes que menten e subconscientes en loita: os biorritmos das vacas non entenden de usos horarios.

9.3.07

O REGRESO

Roberto Sobrado e banda en concerto

Martes 13 de marzo ás 20:30 h
no Centro Sociocultural do Ensanche

Fray Rosendo Salvado 14-16 (xunto á Praza Roxa)
Compostela

Hai outros regresos, pero todos están neste.

22.1.07

Atópame en Cannes


Xa sabedes onde toparme esta semana. Pasen e vexan.
Midem 2007 - Cannes

9.1.07

Reflexión



Deus non existe, Calamaro, si.
God does not exist, Calamaro does.