Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

14.12.05

Back to School Again

data real: 16 de xaneiro de 2005

Nesta cidade do norte onde eu vin traballar, as temperaturas acompañan este inverno de proxectos novos. Esta semana dei as miñas primeiras clases en
Childwall (ese é o nome da escola, tamén coñecida como un dos Bronx de Liverpool). A verdade é que a zona é un área residencial, pero os alumnos son na súa maioría dos arredores e veñen todos de familias con problemas, desintegradas, e cousas dese estilo que non favorecen precisamente o seu comportamento. Non é estraño topalos trapicheando con "material" no patio, que tufe a porro nos corredores da escola ou que deteñan a algún alumno por entrar a roubar no piso dalgún profesor... uffff!!!. Así as cousas, aínda tiven bastante sorte, porque os grupos que me tocaron de español son de 12 anos (demasiados porque teño 38 alumnos!!!!!!!!!! e son bastante incontrolables) e de 14 (estes son máis fáciles, porque son menos e ademais de Special Needs - necesidades especiais- e no fondo, lévase mellor). O resto das horas traballo de asistente e só teño que axudalos individualmente a preparar o exame oral de español (xa vedes, de paso practico eu... ja ja ja). Estes son moito máis riquiños, están interesados no que estudian (menos mal!) e supoñen todo un descanso entre tanto túzaro.