Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

12.1.10

Galaica amazona (pseudo-soneto)

Non foi encargo senón agasallo
e viaxou nas bolsas deste estraño abril.
Nace agora, condenado está por min,
sexa para ela o espacio roubado.

Galaica amazona, roxo cabalo,
nai de case todos, palabras mil.
Con ise aire andino, onde vives ti?
Terras da Saínza, Ribeiro alto.

Foxe do norte escuro con Amelia
ó centro do seu mundo na Canella.
Veu cousas tristes mais canta comigo

Non lle faltan melodías e amigos.
Que te coide ela se caeras enfermo.
Sanarás coa música dos seus beizos.

2 Comments:

Blogger Suso López said...

Moi interesante a tua poesia roberto!

fevereiro 05, 2010 4:36 da tarde

 
Blogger The Sobrado said...

Obrigado máis unha vez!

março 14, 2010 12:37 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home