Dareiche das boas

“Hoy me cago en todo,
Pero me cago en todo con amor”
Andrés Calamaro
hoxe cuspo e non é sangue
negra sombra afástate pretérita
saúdote vida enxérgote mórbida
arredo de min o cáliz de músculo artrítico
osamenta
sabor a menta
non laves os dentes de bicileta críptica
anano xigante xigante anano e cabezudos
arrolo de risa escacho co medo
hostia pueblo e o can e o ghato
impúber tolemia exterior con vistas sabor chocolate
xa vin esta película
Non
Creo
En
deus
infames ateos pasean amargos mascotas risibles de sal e cenoura
lustros infernos celebran engorde capítulos certos con naipes e frouma
crepúsculos ambiguos atenden por nomes incertos
cando acendo o ventre xordo que me prestan os imbéciles
2 Comments:
Gracias roberto por volver a escribir, espero que o fagas con maor asiduidade.
Por certo, para cando novo disco, xa toca, non?
un saudo
março 11, 2009 12:23 da manhã
Boas.
Igual te interesa.O no.
THE ANGLOGALICIAN CUP: Waiting By The Liverpool Tide.
abril 29, 2009 3:53 da tarde
Enviar um comentário
<< Home