Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

26.11.07

“Yo soy un hombre bueno, lo que pasa es que me estoy viniendo viejo”

Grupo, ensaios, durmir pouco, durmir mal, non querer durmir, Popkomm e Womex.
Cambios, soños, pesadelos, subconsciente. Que hora é?, fíxose tarde.

De repente, voltar a voltar comezar.

Baixo o ritmo, pedaleo, cesta! Sancho, Quijote; Quijote, Sancho.

Casa da Pisca, pausa.

“La última vez que nos vimos éramos primos, la próxima vez tal vez seamos extraños.” Otelo revisitado, bágoas “on the phone”, “London Calling”. Non hai lume, non hai nada...

Cal e area, e cal, e cal, e area.

E volto, sempre hai que voltar... ou non. Priorizo optimismos.

Proxectos é unha empresa. A sombra do Bilderberg é alongada. Manifesto resentido: non nos gusta Sito Pons.

Fotocopia compulsada con foto dixital dun verán eterno... Galicia tropical... que fracaso idem!

Aporto materiais de construción para iglú en xardín polar. Derrétese.

De súpeto, un extraño. Desconecto e sigo, conexión crecha. Claro, “o baleiro non existe nin nos produtos envasados”.

O canto queda liberado según (re)solución adminsitrativa. Non cabe recurso, por iso repito.

Un boneco de messenger rise de min mentres xira, coma a roda do muíño... de auga.

En inglés, to be pode ser ser ou estar e eu non estou, por iso poño subtítulos.

En novembro quixera vivir na fila 7 do Teatro Principal.

Aposto lixeiro e gardo un as... no peto, que hai moita manga/banda ancha.

1 Comments:

Blogger Suso López said...

Xa te atopei no space e agora no blog, case prefiro este medio pra enterarme de novos proxectos, sorte.

dezembro 01, 2007 6:42 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home