Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

20.6.06

No terruño

Promoción e apertas con Dorian Gray, amigos, coñecidos, plans de ensaios, guitarras ó luthier, Orzowei na casa, por fin. Marful e Uxía, espectaculares, máis coñecidos na porta do Auditorio (estamos os que somos, somos os que estamos). De tapas clásicas e novidosas con Cohen, Malas Pécoras, Tarasca (Uxía e os artistas) e final no Maycar. Asilo en casa-Cohen, xantar zona vella, café, tertulia, estrada outra vez. Ninguén se apunta ó de Siniestro. En Suavesland con Amazona e Natifu (festas do Corpus), fermoso e inesperado recital de Caneiro na praza maior, tristes-tristes os Killer Barbies (se polo menos a rifaran...) e decadente ST: “¡Ayatolah, no me toques la pirola!”.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

estamos do terruño ata o carallo, que tal se escrebes algo novo xa que tes un blog, ou?

outubro 15, 2006 4:33 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Ola meu!

Canto tempo! Alégrame verte por estes lares... ou ter novas túas... manda truco, esta galiza é un pano, topei este blog no fotolog do Iñaki!
Por certo!
Eu tamén estou cibernautizado:::

www.fotolog.com/cantareiro
www.cantareiro.blog.com

Que quen son?
Preme aí e verás!

Apertas mil!

novembro 11, 2006 5:44 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home