As casualidades non existen

Seleccionei a película para me evadir un pouco do cine sesudo que descargo na mula e para mellorar o meu inglés. V for Vendetta (orixinalmente, banda deseñada) é unha excelente alegoría do fascismo e da manipulación do pobo por parte dos gobernos. Bebe de 1984 de George Orwell (de feito, traballa John Hurt –soberbio alter ego de Hitler- e creo que non por casualidade), dos heroes de “comic” (por suposto), do Zorro e de Matrix na estética e, sen ningunha dúbida, da serie V, os visitantes: Recordan vostedes a escena da V roxa con esprai por riba dos carteis dos invasores? Imaxinan un filme americano onde o heroe sexa un terrorista que se propón como último fin dinamitar o parlamento (poñamos, a Casa Branca) para comezar unha revolución? Pois iso, vaian vela e opinen.
Pd: Non deixen de desfrutar da versión orixinal os que saiban algo de inglés e aprecien a sutileza, retranca e sarcasmo no uso dos acentos e da linguaxe.
Unha última cousa. Delicioso diálogo aquel no que un alto cargo do partido visita ó inspector que dirixe o caso e lle di que non se fían del e que o van ter controlado porque…………. “your mother was Irish”. Escacho.
4 Comments:
Ai dios, canto desfrutarias ti traballando en Harmondsworth... Investigao.
março 30, 2006 10:49 da tarde
pois si que merece a pena, si. Fomola ver xusto á volta da viaxe a london e averdade é que está moi ben. Iso si, nós ímola en spanish, xa viche que o noso inglés é bastante básico.
abril 07, 2006 7:54 da tarde
imaxino q o das influencias dilo pola pelicula, porq o comic no poder ter mais ca influencia de 1984, xa q se escribíu antes.
E na recomendación de ir a vela.... eu recomendo ler o comic!!!! e reivindico este tipo de arte, denostado po moita xente: xa quixeran moitos pintores de hoxe en día debuxar como Alex Ross, Jim Lee, McFarlane, Kubert, etc.. E moitos escritores facer o q fan Alan Moore, Mike Millar, Satrapi, Joe Sacco ou Dupuy e Berberian (sen esquecer a un da terra: Miguelanxo Prado... moita xente ainda non sabe a sorte q temos de ter un autor tan fantástico coma él)
Así que non vos quededes con sucedáneos.. COMIC!!!
junho 06, 2006 1:00 da manhã
Vaia por diante que no das influencias, refírome ó filme. Confeso a miña ignorancia respecto da banda deseñada e tomo nota das súas recomendacións. Saúde, compañeiro e longa vida ó comic.
junho 06, 2006 11:22 da manhã
Enviar um comentário
<< Home