Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

30.1.06

Half Term in London

Data real: novembro de 2005

Pools of sorrow , waves of joy are drifting through my open mind…

Acabo de voltar de London , porque a semana pasada foi half-term e estiven alá con Maríablanca. A verdade é que percorremos a cidade case de cabo a rabo, dende Temple Church á casa de Chaplin e o pequeno Portugal. Ademais do barrio de Chelsea, (superpijo) o mercado de Spitafields e arredores, o museo da ciencia, o británico again, Battersea Park, Soho, Chinatown e case todos os fish and chips e kebabs do barrio e parte do estranxeiro. Así e todo, o que máis me sorprendeu foi a visita dominical ó reverso tenebroso do capitalismo: Brick Lane Market. En teoría, todo tipo de material novo e de segunda man, con especialidade en mobles antigos, bicicletas, cds, dvds… e mil cousas máis. Na práctica, un paraíso de carteiristas e chourizos, de xente que vende todo tipo de material de dubidosísima procedencia e calidade, marihuana por todas partes (que rico cheiraba!, era coma estar no meu barrio!), adolescentes de 14 anos con bicicletas modernísimas recén roubadas que ofrecen a prezos de risa mentres fuman os mencionados canutos. Centos de chinos con DVDS de películas que se acaban de estrear no cine (screeners, evidentemente) a 4 libras a unidade ou 3 por 10 libras (máis, apartado porno amplo e variado). Grupos de moros (non son racista, eran moros) apostados arredor dun coche dende onde venden móbiles de última xeneración a prezos razonables cun ollo sempre posto na rúa e o motor en marcha por se aparece a poli. En fin, todo un espectáculo. Polo demáis, esta semana comecei a traballar na escola de substituto e non me foi de todo mal, aínda que algúns grupos son de reformatorio. O mellor de todo isto é que agora desfruto moito máis do meu traballo de Language Assistant os xoves e venres, que é moito máis relaxado e déixame tempo libre para preparar clases, ler, contestar mails e asuntos varios.