Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

15.12.05

Galaica amazona (pseudosoneto)

data real: abril de 2005

Non foi encargo senón agasallo
e viaxou nas bolsas deste extraño abril.
Nace agora, condenado está por min,
sexa para ela o espacio roubado.

Galaica amazona,
roxo cabalo,
nai de case todos, palabras mil.
Con ise aire andino, onde vives ti?
Terras da Saínza,
Ribeiro alto.

Foxe do norte escuro con
Amelia
ó centro do seu mundo na Canella.
Veu cousas tristes mais canta comigo

non lle faltan melodías e amigos.
Que te coide ela se caeras enfermo.
Sanarás coa música dos seus beizos.

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Caramba, que sobrado vai vostede, señor Sobrado. ¿Sonetos con rima asonante? ¿Versos dodecasílabos? Ai, catorce versos dicen que es soneto...

dezembro 16, 2005 3:27 da tarde

 
Blogger The Sobrado said...

concédame vostede algunha licencia poética (polo da asonancia) e force algunhas sinalefas, mellor? senón, deixémolo en pseudosoneto

dezembro 16, 2005 9:26 da tarde

 
Blogger Edu P. said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

dezembro 25, 2005 10:28 da tarde

 
Blogger Edu P. said...

Coma eu nin soneto, nin son eto'o,
me aproveito da túa hospitalidade e colo aquí algo que a súa frescura (é de hoxe mesmo) sexa dabondo para suplir a súa falta de calidade... desculpe vostede a miña "sobrada" e descarada intromisión.

SOPRAN VENTOS DE CAMBIO

Os ventos de cambio trouxeron a Hugo,
xa está aquí, naceu hoxe,
seu pai e máis eu nos coñecemos
cando aínda case non nos afacíamos
a ter dúas cifras nos nosos cumpreanos,
se cadra iso axuda a entender
que hoxe, ao saber que hugo chegara,
un calafrío me recorreu as costas.

Sopran ventos de cambio, e agora,
que “cumprimos máis anos ca promesas”,
tiña moitas ganas de facer algo,
pero non sei debuxar, nin sei pintar,
algunha vez crin saber tocar a guitarra,
pero non son quen de crear nada nela,
e moito menos poñerlle letra.
Decidín poñerme a escribir liñas curtas
e se así semellaban a poesía que non son,
se cadra me parecería ter feito
o que non fun quen de facer.

Sopran ventos de cambio,
os amigos xa son pais ou emancipados
uns acomodados, outros cambiando o traballo,
os nosos problemas nos cambian a nós,
e acotío descubrimos, por primeira vez,
que non damos cambiado os nosos problemas.

Sopran ventos de cambio,
pero eu sigo sen ser quen de facer
miña esta lingua
unha incoherencia máis a apuntar
nunha lista que ou non existía
ou estaba baleira

Sopran ventos de cambio,
meu pai xa non é aquel tipo ao que cría,
e me trabucaba, que podía gañar correndo,
miña nai sigue a ser a muller máis boa do mundo
pero ou o mundo xa cambiou moito para ela
ou a ela a cambiamos moito neste mundo
e debería terse collido da man de Mafalda
e baixarse desta tolemia.

Sopran ventos de cambio,
hai tempo deixei de pensar en singular,
pero dubido que hoxe eu sexa máis plural,
cada vez cústame menos atoparme berrando
e cada vez me doe máis non ser quen de evitalo.

O futuro xa non me corre tanta presa,
sopran ventos de cambio,
ou se cadra non, o vento sempre soprou,
só somos nós os que agora o sentimos.
Hoy es siempre todavía,
toda la vida es ahora.
A. Machado

dezembro 25, 2005 10:29 da tarde

 
Blogger The Sobrado said...

Querido tio matt, benvido á crise dos 30 e anímate a publicar máis cousas. Iste espazo e de tod@s. :-)

janeiro 14, 2006 4:51 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home