Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

11.1.06

Arriba e alá vou

Érgome cedo para deixar todo listo e porque quedei con Orzowei para almorzar e vernos dunha vez. Non responde, nin ós sinais de fume nin ós SOS. Baixo por San Pedro Street, aproveito para mercar unha camiseta en Camisetas de once varas e tomo café nese bar sen nome (visible) no desvío a Belvís. Paso logo por Velocípedo para me despedir de Fernando. Recóllenme xunto a Espacio aberto Sister-actress e Pibe para me subir a Lavacolla. Despídoos no paso de cebra e doulles grazas por todo, e “un marcho mañán e un pero voltarei logo...”. Sorpresa dentro, The Edge e seu irmán viñeron recoller unha amiga. Facturo, tomo café con eles e embarco para Madrid. Mentres agardamos para subir, un dos locutores de deportes da telegaita atopa un amigo e póñense a falar (castelán, por suposto). Bo rollo, colegueo, incluso me estaban caendo bastante ben, pero cando xa estamos sentados no avión, xurde “o tema”: “mi hijo mayor es un crack de los idiomas, incluso habla gallego, joder, que yo lo defiendo tío, pero cinco horas de gallego a la semana y tres de coñecemento do medio también en gallego... no les podían dar alemán o inglés... mira que nunca han* habido problemas con eso aquí pero los están* habiendo ahora... además es un idioma que no se sostiene en la calle, tío...” o ruido dos motores non me permite escoitar máis (tampouco é preciso) e recordo certo personaxe que topamos en Berlín este vran cando fun visitar a Platdorff. Xanto nunha cafetería de Barajas e falo un bo cacho por teléfono con Galaica amazona que ven de xantar coa Rut e a Natifu en Ou. No Easyjet (petado a rebentar) sento xunto a uns madrileños que van estudar a Liverpool. Van en manada, e un deles é o “listillo” do grupo. Sabe de todo: da orientación para ver mellor Madrid dende o avión, da nova terminal de Barajas, dos diferentes tipos de aparatos que nos imos topando, de onde foron fabricados, de cales despegan en vertical coma na película Mentiras arriesgadas. Ademais, é afeccionado á fotografía e saca o portátil para lles ensinar os centos de fotos sacados a modelos femininas en plan erótico (por certo, algunhas, bastante boas... as fotos oh...)
“-Pero eso de los filtros, ¿no lo haces con la cámara?
-No hombre, eso se hace todo con Photoshop”
Baixo no Airport Express 500 ata Lime Street Station e no bus coñezo (como non!) unha moza do Barco que estuda Business en Sheffield. Botámonos unhas risas cando descubrimos a coincidencia.
Nada cambiou en Liverpool. O taxista fálame de fútbol, de Benítez e de Xabi Alonso. Todo en orde na casa exceptuando a conexión a Internet, pero Neighbourg-Batoul non está abaixo e parece que inda non voltou das vacacións, así que non o podo solucionar de momento. Falo coa miña nai e coa Marida antes de comezar a desfacer a maleta. Chega Flatmate, saudámonos e falamos un cacho das vacacións e do portátil que vai mercar.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

10 de xaneiro, 9:30 da mañá, érgome contigo e marcho a corpo a espacio aberto, ás doce partimos cara o airport e despedímonos no paso de cebra cun "marcho mañá pero voltarei logo", chego tarde á reunión, importante: fálase de seguir ou non adiante co proxecto de Lear... cada un opina, eu digo sigo co mesmo entusiasmo co que empecei... faltan dúas persoas, así que xuntámonos todos de novo o domingo (onte) ás 22 no Modus... falamos, cada un opina, dúbidas, "tempo", "seguridade"... alguén rompe o útero e xa está, rematou o proxecto, en fin... haberá que empezar outro, lástima dun traballo tan bo tirado pola borda.

janeiro 16, 2006 12:00 da tarde

 
Blogger The Sobrado said...

Alguen dixo: "de derrota en derrota, cara a victoria final" :-)

janeiro 16, 2006 2:47 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home