Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

18.1.06

Aquelas outras cousas pequenas

Serán cousiñas ou pequenas cousas, pero sair pola mañá cedo sen saber ben onde vas traballar ese día, pasar no autobús por Penny Lane para logo facer de asistente nunha clase de danza onde podía escoitar como o profesor do lado lles puña e explicaba os alumnos un solo de guitarra de Pink Floyd e sentirme ben tratado e axudado polos profesores da escola, alegroume o día. Vostedes que tal?
Xa falei con Neighbourg-Batoul pero parece que ten un problema coa sua liña de teléfono, así que sigo conectándome dende Edge Hill Library. En que se notará?
pd. Parece que volve haber algun "cráneo previlegiado" polas colonias africanas.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

E curioso que precisamente hoxe eu fora dar clase cruzando Abbey Road a un colexo catolico realmente especial para min, donde todo o mundo me tratou especialmente ben e donde inauguramos a asamblea diaria con musica de Bob Marley, "as usual" nos colexos maioritariamente negros de Camdem.
Non son aquelas outras pequenas cousas: son estas mismas cousas grandes as que te fan sentir ben, sobre todo porque hoxe non tiven que dar punjabi ;-)

janeiro 18, 2006 9:39 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home