
Abrazar a familia. Desembarcar na Canella. Sentirme raro. Sentilos estraños. Coller o coche. Voltar a Compostela. Saberme dentro. Rir a cachón. Apreciar os cambios. Conversar coa diva. Amar adolescente. Facer ensaios. Traballar os temas. Visitar amigos. Resolver asuntos. Xantar coa miña irmá. Cear na casa. Facer (pouco) deporte. Dar un mal concerto. Carrexar o material. Tomalo con calma. Facer de ocupa. Almorzar Cola-Cao. Quedar con xente. Facer recados. Facer quilómetros. Mercar un coche. Despedir o vello. Amar adolescente. Reunirse coa familia. Esquecer o porque. Encher o bandullo. Saír ata tarde. Bailar ó meu xeito. Tomarlle un café. Non parar un minuto. Consultar o mail. Chamar por teléfono. Falar cos avós. Cear con mestres. Cear con exalumnos. Durmir nas aforas. Ensaiar. Volver ensaiar. Arranxar máis concertos. Visitar máis xente. Subir á súa casa. Tocarlle uns temas. Gravar películas. Navegar por Internet. Non parar na casa. Parolar no coche. Saír ata os luns. Agardarte na cama. Peitearte na casa. Descubrir lugares. Xantar coma pepes. Quedar co Africano. Amar adolescente. Ir de cea. Danzar cos amigos. Saudar o ano. Xogar ó Trivial. Ensaiar. Ter un bo concerto. Asistirdes case todos. Ter un concerto frouxo. Irte despedir. Rematar co mellor. Saír a celebralo. Voltar co día. Arranxalo todo. Encher a maleta. Durmir a sesta. Quedar con ela. Bicar a familia. Viaxar no seu novo auto. Reunirme con eles. Ir ás rebaixas. Mercar ó xeito. Gastar pouco.
6 Comments:
ola, creoche que foron 2 bos concertos, 1 medio medio, e outro malo (de collons)...e eu tamen che dou de xantar eh!!!!, non so ua irman....perdoareicho por ista vez so....saudate (en busca de sitios pra tocar) o teu cuñaaa (q che da de xantar)
fevereiro 03, 2006 11:47 da manhã
Pero como t enrollas querido amigo. Ya tienes una excusa más para escribir sin parar.
fevereiro 03, 2006 6:25 da tarde
o nadal éche así, un frenesí constante... xa temos todo listo pra desembarcar en london e desfrutar con sigur rós, ó final ves ou non ves?
animate, non te vas arrepentir, iso seguro.
bicos
fevereiro 06, 2006 11:30 da manhã
Si, o nadal dos emigrantes foi estresante, pero agora xa pasou ata a costa de xaneiro, e xa estamos inmersos no tedio do traballo.
Xa toca que nos informes de novo, ou non pasa nada por ahí?
fevereiro 06, 2006 7:20 da tarde
Quedar con ela?
maio 03, 2006 11:26 da tarde
Si, con ela, coñécela? ;-)
maio 04, 2006 3:43 da tarde
Enviar um comentário
<< Home