Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

7.3.06

Ruby Tuesday

Martes, mañá cedo. Vida de bohemio. Chamo á axencia pero non teñen nada para min hoxe, así que reviso o reproductor mp3 q quero mercar en e-bay, remato o repaso a Bodas de sangre e bótolle un ollo ós extras sobre Lorca e a obra. Almorzo na habitación coa prensa e a radio do país e aproveito para me por ó día no mail e no blog. Creo q hoxe adicarei o día á música e a gravar algo na casa.
Por certo, o xoves pasado caeu unha espléndida nevada, desas que alfombran o camiño e fan que estale cada un dos teus pasos.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

fantastico o ultimo disco (agasallos sen promesas) pero sen duda quedome con (dias compartidos,compostela non ela, e o clube dos tristes) tremendo; varias compañeiras de clase case me matan por lles deixar o disco :choraron a esgalla sobre todo con dias compartidos :a mim custoume aguantarme..(teño uns amigos que lles encantou e rolarono).dias compartidos e sencillamente fantastica:a intensidade con que acaba (mais vellos menos inxenuos pero igual de especiais) e terriblemente triste pero de gran beleza.por cero xa teño a ultima maqueta e gustoume :toque sabiniano en( illas habitadas)influencias britanicas en (a fin da viaxe )creo que se chaman asi non sei aida ben os titulos.moi boa a de luci(creo que falas de infidelidades non? )moi boa a de (o signo errante ven e vai....)e tamen encantoume a de (busco a cancion que flua soa ata...) a que menos (a deixame que minta para tiii...)gustoume a letra pero a musica pareceume un pouco tosca... por certo na de pedro andres (poñena en dous pubs de lugo os sabados) quen e ??.xa aprendin a tocar parte delas pero na que mais dificultade atopo e na do clube dos tristes.por certo se algun dia fas unha recopilacion de cancions na de (compostela non ela)se lle pos un organo de fondo moi frouxo quedari estupendo (a miña opinion porque cando a escoito parece que xa llo vexo posto),bueno e non che dou mais a leria ,hai que repetir un concero coma aquel das festas do carballiño ou o das crechas.saudos desde compostela (a cidade de pedra.....a por certo coño son pablo lorenzo o irman de maria que e a sua vez mozo de lorenzo (que lio......

março 13, 2006 12:56 da tarde

 
Blogger The Sobrado said...

Compañeiro Pablo: Non sabes desta inmensa ledicia e de como se me enche o peito cos teus comentarios. Xa vexo que podo contar contigo para a distribución he, he, he. A maqueta inda é só unha proba... non a movas moito, por favor. Ah, o máis importante, tocamos o 11 de abril nas Crechas. Non faltes e pasa o recado.
Unha aperta inmensa.

março 13, 2006 4:14 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

dende a galiza emite en directo a noiva cadaver, e dijolle ao rober k estivemos o sabado na bodega co xurxo souto(xusto despois de ke falaramos por telefono sobre el) e k preguntou por ti, dixo k tiñamos k animarte a seguir creando e k superaras a crise dos 30, pork namentras a superas xa está ai a dos corenta. logo falou de k t estaba a pinchar ultimamente pork considera a fusión de funky con cantautor de los cojones, un acerto para o avance musical desta nosa terra. logo preguntoum cando volvias, dixenlle k o 9 e k o 11 habia concerto nas crechas. prometeum anuncialo no programa e en fin... hoxe escoiteino e a parte de pincharte namentres falaba da xente marabillosa k atopou no carballiño con motivo da actuacion das garotas da ribeira e da tremenda festa k logo se montou e dos poetas extraordinarios do carba (entre os k nomeou a un tal victor viñal, sonache?)pois iso k te recordou a ti mais a tua musica mais non recordou a data da tua volta e do concerto, cousa comprensible se temos en conta o grau de mazamiento k levaba consigo el e mais os demais,pois...fixen o k puiden. o importante é k ajora xa está ao tanto do ambiente k nos arrodea e creo k está entusiasmado contigo e connosco todos. a ver en k da esta suba de popularidade.

março 20, 2006 6:46 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home