
Nestes días incertos e conforme caen os
vintes de abril, atópome cada vez con máis
universos paralelos dos que podería formar parte. Nesas outras vidas alternativas recoñezo partes de min que están ou que estiveron algún día, párome, observo e comparo. A música serve como vínculo de unión de todos eles e non deixa de rescatarme cada día que pasa. Séntome a compoñer unha canción, a gravar unha idea, un ritmo e tres acordes e cando reviso, sei que estou facendo o correcto, inda que sexa predicar para os convencidos, crear para os creadores ou
traballar para o inimigo.
Os que me acompañan na batalla, saben ben deste meu acougo-desacougo e que sen eles, non tería ningún sentido. Convídoos a seguir aí, porque sei que nos imos facer falla.
Saúde, compañeir@s.
4 Comments:
Volve a escoitar Máquinas románticas Rober... eu penso q vale a pena, hai grandes temas!
maio 18, 2006 8:41 da manhã
ben, ben... dareille outra oportunidade logo. Está claro que soa ben pero... prefiro o anterior. De momento
"...y el mundo vuelve a girar y a girar..." :-)
maio 18, 2006 9:08 da tarde
o vinte de abril volvérono tocar os celtas cortos en compostela despois desta "volta" tan estraña, a verdade é que me recordou unha época... que tempos
maio 27, 2006 7:49 da tarde
E digo máis. Foi esa canción a que me espertou nalgunha mañá do 92 para me ligar a unha guitarra e uns versos. As verbas do Cifu anunciaban un futuro compartido na emoción melancólica do paraíso perdido. "Recordas aquela noite..."
Saúde, feita.
maio 29, 2006 11:25 da tarde
Enviar um comentário
<< Home