
Non é o momento nin o lugar nos que contaba actualizar este meu diván cibernético. Pasou algo de tempo e aínda así, as cousas seguen a ser extrañas, cando menos. Os tópicos non deixan de ser tópicos e sen embargo, ás veces son certos. O tempo non quere deterse e eu non acabo de descansar, de acougar, de durmir e espertar. “Y volver a volver a empezar, a volver a empezar…” Os sentidos engánanme, sobre todo, cando están saturados de sentir. Maniotas no vivir. E mirarme dende fóra e non saber se sei que non me recoñezo… “Cómo, cuándo y por qué son demasiadas preguntas para hacerle al destino. A veces estamos finos y otras veces nada que ver, pues hay que caminar antes de empezar a correr”. Esta sensación de despertenza a ningures e a todos os lugares que me acollen. E o riso tonto. E o fado que tamén ri, e a realidade que me abruma. Decepción. Apatía. Resentimento. Medo. “Una vez tuve una vida, no era fácil pero era mía y ahora me falta lo más importante”.
Teño a súa última imaxe no Sa Carneiro, en calma a pesares do apuro, sereno e firme, creo que un tanto superado polo meu desenvolvemento en inglés coa azafata portuguesa de facturación, que se empeñaba en me falar castelán. Viñeramos falando no coche de cousas pequenas con pausas grandes e pinchei a Springsteen porque sabía que lle gustaba. Deixeino alí, contento porque a viaxe lle permitía baixar a Matosinhos a cear un bacallau grellado con vinho verde. Non houbo bicos nin apertas. Mirámonos e sorrimos. Todo ben. E marchei correndo porque chegaba tarde a embarcar.
“Ata aquí teño andado, gustaríame acougar e aínda que desilusionado, debo continuar”
Xa o cantei antes e reviseino hoxe. Sígoo crendo ou quero crer que o creo cando atopo as forzas. Coma Andrés, o cantor, sigo dando grazas por non perder o meu amor ó canto e a miña voz. Sei que me dobrei, e aínda estou dobrado, mais non quebrarei: “a música vainos salvar”.
7 Comments:
O meu avó marchou como viñera: sozinho. Aínda que estabamos todos na cociña el finaba no cuarto, só. Ninguén lle dixo adeus. Nin lle colleu a man. Nin lle deu un bico mentras aínda estaba quente.
A min deume moita pena. Invadiume unha inmensa tristeza e notei que me faltaba un cachinho de corazón. Chorei, chorei e seguín a chorar até que tiven dificultade para abrir os ollos.
Chorei na casa, no coche, na igrexa, pola rúa. E continuo a chorar. Mamá di que iso é moi bo.
Mais agora noto que me vou calmando e que comeza a me invadir unha bonita sensación de acompañamento. Noto que o meu avó está dentro de min. Lembro mogollón de momentos que pasei con el, mogollón de cousas que me dixo, para facer de min unha persoa boa e forte.
Non sei se o conseguiu, pero sei que me deixou boas ferramentas. Eu sei que non o esquecerei nunca e que o seguirei intentando cada día.
É todo o máis que podo compartir contigo nestes momentos.
Un bico moi grande cheo de todo o cariño que che teño, como persoa "boa e xenerosa" que es. OLGA
dezembro 28, 2006 6:56 da tarde
sen palabras
quérote
iria
janeiro 01, 2007 7:55 da tarde
Fermoso.
Apertas.
Sinto a perda case cada día cando falo ou penso na iria. Pincha no corazón. Doe.
janeiro 01, 2007 8:18 da tarde
sandra
janeiro 01, 2007 8:19 da tarde
"El dolor intenso debe expresarse con las palabras más corrientes", Horacio dixit.
ÁNIMO.
janeiro 04, 2007 12:56 da tarde
sempre contigo. unha aperta. KAISER
janeiro 08, 2007 1:59 da manhã
Grazas a tod@s por esas verbas. A loita continúa.
janeiro 29, 2007 11:44 da manhã
Enviar um comentário
<< Home