Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

14.1.08

Culturetas e hiperbólicos

Imaxienite comigo nos bares que habito cando me vence a tristeza
e a túa cara iluminada co azul catódico do móbil
e hai chamadas e silencios en harmonía de contrarios
e medo aos espazos baleiros
non hai futuro-pasado
y hacía una estupenda mañana
y no me he acordado de ti hasta pasado un buen rato

o filósofo de cabeceira segue a ser don Andrés Calamaro:
no se puede vivir del amor
me dijo la chica que me dijo que no
electrifícome e fico contento
coma Bob, contra o mundo
siempre seguí la misma dirección, la difícil, la que usa el salmón
e volto, si, porque son punki, sen cresta e de corazón
é só unha cuestión de actitude
lástima de bois

revísome e atópome, nas caras, nas xentes, nas fotos, nas melodías que me veñen visitar
fágome/fánme o mellor agasallo de reis, agardo, con ansia adolescente
comparto néctares proibidos e melodías infantís, e adolescentes
Ayatolah, no me toques la pirola
reivindico o eclecticismo
perspectiva
bo nome para un grupo punk
está por fundar

os regalos sodes vós e os que me facedes
tío con sorte, consorte
recalifico o meu setenta por cen e sóbranme números
cando fóramos a Lourdes xa estivéramos en Fátima
coma os Blues Brothers estamos convencidos de que cumprimos unha misión divina
encomendada por Sabino Méndez, uno y trino
Proletarios do mundo, dubidade!

a pena non paga a pena, non paga a pena

3 Comments:

Blogger Suso López said...

Así da gusto espero que escribas mais a miudo, lapidaria esa última frase, enorme...

Saúdos.

janeiro 19, 2008 1:56 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

A veces quiero estar así,
a veces sólo quiero huir,
a veces pienso que tan soló ha sido un sueño,
y que aún estas aquí,
aún estas aquí.

(L.P.)Que grandes...

janeiro 19, 2008 5:48 da tarde

 
Blogger The Sobrado said...

Obrigado, Jesús. Ai, esa última frase (como outras moitas do texto...) non é miña. Que conste, é da Psicofónica de Conxo ;)
Por certo anónimo, nestes tempos de Bilderberg e Gran Hermano, entendo a súa paranoia coa identificación, pero aínda así...

janeiro 21, 2008 10:59 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home