Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

30.1.09

A miña tribu


Un gurú local cometou algunha vez, no desencontro das ausencias que non cesan, a necesidade de atoparmos unha tribu; esa que nos fai sentir parte dun todo mais á vez únicos e orixinais, que diría Granpurismo. Síntome na niña con cada acorde no que me acompañades, con cada conversa desas aparentemente nimias das que sempre aprendemos algo, coa vosa exquisita sabiduría tanto para a física nuclear como para a tortilla no punto, pasando polas curvas perfectas (de todo tipo, claro), a mellor luz para a foto óptima, a fuxida dos clichés de todo tipo, a mitoloxía nórdico-celta, o gusto por compartir o delicado, os paseos por lameiras en busca de Frodo e o seu anel, a política nacional e mundial, a controversia reintegracionista e por suposto coa habilidade case malabar para facer da noite máis insignificante a festa máis auténtica e rachada; sen presas e con pausas, sen locais con zapatillas, sen pinchas alienados, sen moita orde mais con concerto, sempre concerto, á hora ou á deshora, para todos os que saben escoitar, bailar, beber e fumar. E ao día seguinte, logo da beberaxe repoñedora, cal apócema máxica de Asterix, recoller e departir, departir, departir…