Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

13.9.12

Reflexión apoiada en citas célebres:

Que a esquerda está dividida é un feito incontestable dende a súa propia formulación. Que a dereita controla e manipula os medios informativos masivos (aos que subvenciona con cartos públicos) non nos colle de sorpresa. Que a actitude pasivo-pasota-queimad* favorece ao resultado electoral da dereita, divide máis á esquerda e é 99% froito da manipulación informativa, é un feito. Que a escisión no nacionalismo non chegou no mellor momento está á vista. Que a vella garda cometeu erros de integración das diferentes correntes dentro do nacionalismo tamén o vemos todos. Que a esquerda triunfa electoralmente cando se presenta unida demóstrao a historia. Que ser político e facer política implica saber negociar, ceder, contrastar intereses e plantexar o ben común! Que o 90% do electorado nacionalista de esquerdas temos o "corazón partío" e non sabemos dicir se queremos máis ao papá ou á mamá! Que esa mesma porcentaxe nos sentimos irmáns da maioría de propostas de esquerdas! Que non nos cremos nin que os da UPG sexan malos malísimos manipuladores, nin que os Irmandiños e Máis GZ queiran esnaquizar o nacionalismo galego nin que IU sexan uns españolistas! "Se nos organizamos, follamos tod*s" (Antón Reixa) "Sexa quen sexa, un nacionalista é un compañeiro" (Mª Xosé Bravo) "Luchamos entre nosotros mientras ellos se ríen, unámonos contra ellos porque sólo son muerte" (La Polla Records) "Odiamos aos romanos, pero inda odiamos máis..." (Monty Python) "A coalición é un acordo de unidade de acción e non un casamento, e segue aberta" (X.M.Beiras) "Es lo primero, ganar la guerra y después, sólo después, podremos hacer la revolución" (Siniestro Total) "A nosa posición, no BNG, é clara e coherente: soberanía, democracia e traballo. Unha posición transformadora e emancipadora no social e no nacional, para poñer o centro nas persoas, nas maiorías sociais, nos seus dereitos e benestar" (Xavier Campos) E quixera lexitimar esta reflexión apoiado no privilexio que me proporciona o contar entre os meus fans (e algúns tamén amig*s) con Ana Pontón, Martiño Noriega e Carlos Aymerich... (entre outros) Longa vida ao nacionalismo de esquerdas! Roberto Sobrado