Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

26.12.06

Ausencia

Non é o momento nin o lugar nos que contaba actualizar este meu diván cibernético. Pasou algo de tempo e aínda así, as cousas seguen a ser extrañas, cando menos. Os tópicos non deixan de ser tópicos e sen embargo, ás veces son certos. O tempo non quere deterse e eu non acabo de descansar, de acougar, de durmir e espertar. “Y volver a volver a empezar, a volver a empezar…” Os sentidos engánanme, sobre todo, cando están saturados de sentir. Maniotas no vivir. E mirarme dende fóra e non saber se sei que non me recoñezo… “Cómo, cuándo y por qué son demasiadas preguntas para hacerle al destino. A veces estamos finos y otras veces nada que ver, pues hay que caminar antes de empezar a correr”. Esta sensación de despertenza a ningures e a todos os lugares que me acollen. E o riso tonto. E o fado que tamén ri, e a realidade que me abruma. Decepción. Apatía. Resentimento. Medo. “Una vez tuve una vida, no era fácil pero era mía y ahora me falta lo más importante”.
Teño a súa última imaxe no Sa Carneiro, en calma a pesares do apuro, sereno e firme, creo que un tanto superado polo meu desenvolvemento en inglés coa azafata portuguesa de facturación, que se empeñaba en me falar castelán. Viñeramos falando no coche de cousas pequenas con pausas grandes e pinchei a Springsteen porque sabía que lle gustaba. Deixeino alí, contento porque a viaxe lle permitía baixar a Matosinhos a cear un bacallau grellado con vinho verde. Non houbo bicos nin apertas. Mirámonos e sorrimos. Todo ben. E marchei correndo porque chegaba tarde a embarcar.
“Ata aquí teño andado, gustaríame acougar e aínda que desilusionado, debo continuar”
Xa o cantei antes e reviseino hoxe. Sígoo crendo ou quero crer que o creo cando atopo as forzas. Coma Andrés, o cantor, sigo dando grazas por non perder o meu amor ó canto e a miña voz. Sei que me dobrei, e aínda estou dobrado, mais non quebrarei: “a música vainos salvar”.