Hai chamadas e silencios / en harmonía de contrarios / hai mansións desocupadas / non hai futuro pasado /

12.6.07

"Unha milagre de blues"

Fáltanme a metade dos "maquinillos" e esa densidade no rizo, polo demais, algo se coce...

"Ocurrió un milagro acá en mi casa..."

pd. Por certo, xa tiña gañas de ver a Xoel en directo e aproveitei os fastos en Suavesland. Non agardaba menos, pero non me defraudou nadiña. Véxoo nun punto álxido, moi arriba a moitos niveis. Que dure!

pd2. Só me da pena que non tocara máis temas do disco anterior; no novo, inda non profundicei, mais sei que me gustará. A iso vou.

pd3. Algúen se parou un pouco coas letras deste tipo? Para que logo digan que os tristes e deprimetes son os cantautores... de las narices...

1.6.07

O espectáculo debe continuar

Vai vento, a choiva demórase sabedora de que a tormenta vai chegar tralo sol primaveral. Hai viaxes e fogares descubertos, hai rochas nas que volver ancorar. Recoñécense outras peles e outras voces que se senten como propias. O falar é común, propio, desacougante, antigo, amigo... Reméxese o horizonte co xantar, as mans coa tele, os libros co pan. Comunicación sen presenza, respiración entrecortada, lenta, suave, profunda, inqueda... ronco... teño que pór a lavadora. A vida non é coma nas series. As xentes, algunhas. Onde estás? Cal é a pregunta? Non hai resposta. Nin sequera hai pregunta. Haina? Alguén se agocha, non se deixa ver. Fala, conta, canta, comunícate, berra, hostia! Demora ou desleixo?, preguiza ou fado? E hai corpos que feren, claro, e hai mentes que menten e subconscientes en loita: os biorritmos das vacas non entenden de usos horarios.