
Nestes días incertos e conforme caen os
vintes de abril, atópome cada vez con máis
universos paralelos dos que podería formar parte. Nesas outras vidas alternativas recoñezo partes de min que están ou que estiveron algún día, párome, observo e comparo. A música serve como vínculo de unión de todos eles e non deixa de rescatarme cada día que pasa. Séntome a compoñer unha canción, a gravar unha idea, un ritmo e tres acordes e cando reviso, sei que estou facendo o correcto, inda que sexa predicar para os convencidos, crear para os creadores ou
traballar para o inimigo.
Os que me acompañan na batalla, saben ben deste meu acougo-desacougo e que sen eles, non tería ningún sentido. Convídoos a seguir aí, porque sei que nos imos facer falla.
Saúde, compañeir@s.