Araki garda un asombroso parecido físico co mestre Mutenroi, e por extensión, cun meu amigo. Apunta directo ó subconsciente máis agochado e remexe alí ó seu antollo. Tolo, extravagante, pornógrafo... artista. Moito gostei da súa exposición no
Barbican.
-------------------
Neste país, onde non se reutiliza nada e se abusa insultantemente da enerxía, houbo un tempo en que se gardaba e se reciclaba “every single piece of anything” pero fixo falla para iso unha guerra mais a ameaza do fascismo. Hoxe, moitos non entenden que esta vez o planeta é a guerra e non haberá día D que o libere. Recomendo abertamente o Imperial War Museum.
--------------------
En febreiro vai tanto frío en Londres coma en París, só que desta vez, colleume con gorro e bufanda.
-------------------
@s negr
@s son unha raza superior e, como ben di
Fuegho: “Están feitos pro sexo”.
-------------------
Disque o 23F, certo novo líder de certo rancio partido, planeou fuxir a Portugal cun compañeiro de Ourense... ¿para que?
-------------------
Divx clásico e
emule estanse a converter na miña relixión cultural, aínda que como ben di
A.Gasset: “teñan a man sempre un bo libro. O único gran salvavidas para o que non quere rematar totalmente idiotizado”.
-------------------
Sabato di que a resistencia que salvará a nosa civilización está nos homes e mulleres que conseguen vivir o máis afastados posible deste sistema de consumismo e globalización idiotizadores. Creo que non é casualidade que, grazas ó emule, volvera á infancia da man daquela serie mítica,
V, los visitantes. Dous apuntes ó fío disto. ¿Sabían vostedes que os lagartos invasores acusaban de terroristas ós da resistencia de Julie e Donovan? Con esa desconfianza cara ós visitantes dende o principio, ¿non terían estes algún galego entre os líderes?
-------------------
Estou absolutamente a favor dos
McDonalds. Nas grandes cidades funcionan coma estupendos baños públicos. Ufffffff, que alivio.
-------------------
Un día de neve é coma unha borracheira. Todo está cambiado para ben mentres dura: máis fermoso, máis brillante, máis limpo e claro. Sen embargo, cando a neve se vai derretendo, todo queda aínda máis vello, máis suxo, máis gris, máis húmido, só que non che doe a cabeza.
-------------------
Doulle paso a
este coruñés-madrileño (ben... coma todos), sobre todo agora que se atreveu a que se lle entendan as letras. Recoñézoo, é bo, gústame.
-------------------
Sigo encontrando verdades na poesía e na música e por iso deixo outra cita que me recorda o desprezable personaxe de Daniel en V. Esta vez, é de
Silvio: “Y digo que el que se presta / para peón del veneno / es doble tonto y no quiero / ser bailarín de su fiesta”.